CONTRATOS NO BLACK FRIDAY

Desde que en España calou a celebración do  black  friday ou o  cyber  monday, o mes de novembro rexistra no sector do comercio unha forte campaña de contratación adiantándose á campaña de Nadal. 

De feito, nesta campaña de descontos importada de Estados Unidos asinaranse máis contratacións que na última campaña de rebaixas de xaneiro, que xerou 110.000 contratos. Aínda que os contratos asociados ao  black  friday, que se celebra o 29 de novembro, son de curta duración, moitas destas contratacións amplíanse a todo o período de contratación do Nadal e mesmo ás rebaixas de inverno.

Como é habitual nestas datas, os sectores que máis emprego xerarán serán os vinculados ao gran consumo e a súa industria auxiliar (alta perfumería, cosmética, electrónica, telefonía, xoguetería, imaxe, son, etc.); alimentación; distribución;  retail; loxística; transporte e industria téxtil.

O perfil máis buscado na campaña do  black  friday será o de comercial (promotores, azafatas de imaxe,  teleoperadores ou dependentes), aínda que tamén se precisarán caixeiros,  reponedores, mozos de almacén, preparadores de pedidos e  carretilleros, entre outros.

As autonomías onde se esperan maiores incrementos en canto á contratación de persoal son aquelas onde se sitúen centros grandes loxísticos e operadores de e- commerce, así como rexións onde o gran consumo é un negocio  core (centralización de grandes superficies comerciais, de distribución...).

Por comunidades, Catalunya, con 38.900 contratos, Madrid (35.400) e Comunidade Valenciana (uns 27.000 contratos) liderarán a creación de emprego na campaña do  black  friday. Séguenlles Murcia e Andalucía, con máis de 23.800 e 18.500 contratos, respectivamente.No outro extremo sitúanse Asturias (1.830 contratos), A Rioxa (1.320 novos empregos), Baleares (1.000) e Estremadura, con 440 contratos.

Segundo Adecco, todas as comunidades autónomas mellorarán as súas cifras de contratación con respecto a 2018. Madrid rexistrará o maior aumento, un 18%, seguida de Catalunya (+10,2%) e Castela-A Mancha (+8,6%) e Comunidade Valenciana (+6,8%). Os menores avances corresponderán a Baleares e Estremadura, con crecementos do 0,5%.

Comentarios