QUE SON OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE


QUE SON OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Os certificados de profesionalidade son unha forma que pon a disposición a Consellería das persoas traballadoras ou demandantes de emprego para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que las capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral, e con eles trátase de proporcionar a aquelas a formación requirida polo sistema produtivo.


Os requisitos para acceder a un certificado de profesionalidade dependen do nivel de cualificación que se esixa en cada caso, de acordo cos seguintes niveis:

Nivel 1
Non esixe requisitos académicos nin profesionais, aínda que se han de posuír as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.

Nivel 2
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.

Nivel 3
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Bacharel.
- Certificado de profesionalidade de nivel 3.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.

As vías para poder obter un certificado de profesionalidade son:
1. Superar os módulos formativos que integran o certificado de profesionalidade
2. Acceder ao procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

Estes procedementos para a avaliación son convocados periodicamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.



Comentarios