PROGRAMAS DE COOPERACIÓN EMPREGO XUVENIL


A convocatoria dos Programas de Cooperación Emprego Xuvenil para o ano 2019 ten por obxecto a contratación, durante sete meses, de persoas mozas incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, para proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.


Esta convocatoria encádrase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 que se desenvolve no marco do Fondo Social Europeo para o período 2014-2020 co obxectivo de dotar de instrumentos á Iniciativa de emprego xuvenil e pór en marcha os sistemas de garantía xuvenil co fin de loitar contra o desemprego entre este colectivo.


Requisitos a cumprir polas persoas demandantes
De acordo co previsto no artigo 19 da Orde do 9 de maio de 2019, as persoas traballadoras que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Maiores de dezaoito anos.
  • Inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Debe cumprir cos requisitos formativos e de titulación establecidos polas entidades beneficiarias para cada ocupación que soliciten.


Forma de selección
As entidades beneficiarias deben realizar a selección das persoas traballadoras a través dunha oferta de emprego tramitada na oficina de emprego que lle corresponda segundo a localización do/s seu/s centro/s de traballo.
Por iso, se tes interese en participar nalgún destes procesos de selección, cumpres os requisitos da convocatoria e, por suposto, os requiridos para o desempeño da ocupación de que se trate, non dubides en achegarte á túa oficina de emprego ou contactar co servizo de orientación laboral, para obter máis información e anotar na túa demanda á solicitude do servizo correspondente.


O prazo para realizar a contratación nestes programas remata o vindeiro 15 de novembro!



Comentarios